martes, 5 de febreiro de 2019

Un mar cheo de vida

Continuando co  noso eixo vertebrador "Terra e Mar: un proxecto de vida" , os alumnos e alumnas de 2º curso realizaron unha composicións mesturando diferentes técnicas para dar  cor ó noso fondo mariño. Estes son algúns dos seus traballos. Desfrutádeos!!!


xoves, 10 de xaneiro de 2019

Pasado o nadal, queremos compartir con todos vos unha pequena mostra do noso festival de nadal. Este ano a música en directo foi a gran protagonista, grazas ó traballo de todos os nenos e nenas do cole.
Desfrutade!!!

mércores, 14 de novembro de 2018

No Samaín - Festival

Pasado o día de Samaín, é hora de compartir con todo o mundo algunha das nosas experiencias e actividades realizadas no cole co gallo da súa celebración.

xoves, 25 de outubro de 2018

Cumpreanos Feliz!!!

Hoxe o mestre recibiu unha gran sorpresa. Os alumnos de 3º trouxeron unha torta de cumpreanos e celebrámolo por todo o alto. Música, festa e moita diversión.
Moitas gracias a todos.

xoves, 18 de outubro de 2018

Preparamos o Samaín

Estes son os primeiros ensaios para o nosa pequena celebración do Samaín. Os alumnos de 4º amosan a coreografía para que todos poidamos aprendenla dun xeito máis sinxelo e divertido.


Moitas gracias.

mércores, 17 de outubro de 2018

Un mar de collages

Esta actividade, feita polos alumnos de 6º de primaria, representa a variedade que ten o mar segundo o punto de vista de cada un dos alumnos. Estes collages son o principio de todo un ano escolar cheo de creatividade e diversión. Todos teñen algo diferente e iso fainos únicos.
Mafer Di Fabio (6º Primaria).

Gracias a todos.

domingo, 14 de outubro de 2018

Danza das francadas (Rianxo)

Os alumnos de 4º comezan o curso con esta danza tradicional de Rianxo, na que os mariñeiros representan a súa pericia na arte da pesca a través dunha danza, a cal, foi recollida nun dos documentais do programa Raices da TVE (4:40 en diante).
Na nosa aula imos facer unha pequena homenaxe á profesión dos mariñeiros a través dunha adaptación da música e a danza.
Este é o arranxo escolar.
E este o primeiro ensaio con instrumentos.